Alfredo Conde Cid (Allariz, 1945)
É mariño mercante e dedícase ao xornalismo literario, colaborando actualmente con O Correo Galego. En 1968 publicou a súa primeira obra, o poemario Mencer de lúas. Como narrador deu ao prelo: Mementos de vivos (1974), Contubernio catro de Tomé S. (1978, reeditada en 1987 como O contubernio), Come e bebe que o barco é do amo (1978, tamén reeditada en 1995 co título de O barco), Breixo (1981, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), Memoria de Noa (1982, Premio Chitón de novela e Premio Ícaro), Xa vai o Griffón no vento (1984, Premio Blanco Amor, Premio da Crítica Española, Premio Nacional de literatura, Premio Grinzane á mellor novela estranxeira publicada en Italia en 1990), Música sacra (1990), Sempre me matan (1995) e A Casa de Adara (1996).
[Febreiro, 2002]