Álex
Mene

Naceu en Vigo no ano 1969. É doutor en Belas Artes pala Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pala Universidade Complutense de Madrid, cidade onde tamén se especializou en Realización e Produción no Instituto Oficial de Radio e Televisión.
Despois de ter traballado en diferentes países, atopou o seu lugar no mundo nas Rías Baixas galegas. Traballa como profesor de Instituto no bacharelato artístico musical impartindo as materias de Cultura Audiovisual e Fundamentos da Arte e, durante anos, colaborou no suplemento cultural do xornal El Correo Gallego.
Gústalle a fotografía, a literatura, a ciencia, ir ao cine e ao teatro, facer deporte, escoitar música, viaxar e a boa mesa.
Participou en varias edicións do Outono Fotográfico de Ourense. A súa última intervención foi o proxecto Ventás para unha fuga, na Biblioteca do Campus de Ourense.
En 2018 publicou o álbum ilustrado A raíña das tortas na colección Verdemar da editorial Alvarellos. Con Indómita e a semente da inmortalidade gañou o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil "Muíño do Vento", libro publicado pola editorial Bululú.

[Outubro, 2019]