Vigo, 1968. Licenciado en Filoloxía Galega e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade traballa como tradutor intérprete da Administración de xustiza na Audiencia Provincial de Pontevedra. Mención especial do xurado en 2003 no XII Certame Manuel Murguía de narracións breves pola obra Estremonías; gañador en 2010 do VI Certame de relatos de muller Matilde Bares por Xénero imperfecto e Premio de narrativa curta Ánxel Fole con Tempos de bebidas isotónicas e fast-food (Xerais, 2016).
[Novembro, 2016]