Nacín en Ourense en 1974. Fun redactor e colaborador de distintos medios de comunicación en Galicia como Faro de Vigo, Grupo Progreso, Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou La Voz de Galicia. Tamén locutor de Onda Cero Radio Miño en Ourense, correspondente da axencia de noticias Europa Press na capital das Burgas e responsable comercial de distintas cabeceiras.
Apaixonado dos fungos dende neno, decidín conxugar letras e cogomelos nunha divulgación micolóxica realizada con artigos nos medios de comunicación sobre a riqueza e peculiaridade fúnxica galega, que mereceron no 2010 o premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo" da Deputación Provincial de Ourense por unha colección publicada no semanario A Nosa Terra, e con libros en solitario ou coa axuda do meu mestre, meu pai.
Salientar máis dun cento de conferencias impartidas en Galicia e puntuais en Portugal ou Euskadi sobre os máis diversos aspectos relacionados cos cogomelos para poñelos "en valor". Promotor de distintas actividades públicas e privadas relacionadas coa micoloxía.
[Decembro, 2016]