
Adrián Noia (Santiago de Compostela, 2001) é filólogo, profesor e escritor. Ten estudos de filoloxía hispánica e filoloxía galega e máster de profesorado. Foi auxiliar de conversa do Ministerio de Educación en Lisboa e bolseiro de biblioteconomía na Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura).
Comezou a escribir na adolescencia. Nesa época, gañou o 1º premio de relato xuvenil nos certames A pipa de Becerreá (2016) e Terras do Chamoso do Corgo (2017). Obtivo tamén o 2º premio de novela curta no programa Xuventude Crea 2021 por O país dos raposos e o Premio SELIC de Creación Literaria 2025 por O silencio non arrola.
Comparte a súa actividade literaria en Instagram (@adriannoia) e adriannoia.gal.
NARRATIVA
- O país dos raposos (Editorial Toxosoutos, 2022), 2º premio de novela curta do programa Xuventude Crea 2021. ISBN 978-84-125393-3-2.
- A terra leve (Medulia Editorial, 2024), novela curta. ISBN 978-84-19438-79-9.
- Pontealbar (Editorial Galaxia, 2025), novela xuvenil. ISBN 978-84-1176-508-4.
OBRA COLECTIVA
- “As mil caras do teatro”, con Sagrario Torrado Blanco, na revista Eduga (decembro de 2024); artigo de divulgación.
- “Estoria do bendito San Amaro”, en colaboración con Rosario Crespo, en Viñetas BD (Viñetas desde o Atlántico / Concello da Coruña, 2025); artigo de divulgación.
- “Alegoría da morte” na antoloxía literaria Scripta manent. 50 anos de memoria e palabra (Edicións USC, 2025), coordinada por Cristina Mourón; poesía.
[Decembro, 2025]
