Abraham
Pérez

Abraham Pérez (Lugo, 1990) é graduado e mestrado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela; ademais cursou estudos de guionista. É autor dos libros de poemas: o corpo transparente das horas (Editorial Galaxia, 2022), unha teoría para os espectros (Toxosoutos, 2021: gañador do 2º premio do III Certma de Poesía Torre de Caldaloba) e de Fragmento/Creba (Editorial Galaxia, 2020), sendo algúns destes poemas traducidos ao portugués e o castelán. En maio do 2021 acadou o Accésit no XXV Certame Francisco Añón de Poesía convocado polo Concello de Outes coa obra toxicidade.

Amais, ten colaborado con distintos medios e revistas especializadas como Luzes, Praza Pública, Dorna: expresión poética galega, Xistral ou Tr3sreinos, entre outras.

[Marzo, 2022]