Organizan a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Foto de Alba Sotelo. Máis fotos da Gala, da mesma autoría, aquí.

O vídeo completo da Gala do Libro pode verse na canle de YouTube da Asociación Galega de Editoras, aquí.

 

Este foi o discurso que Xosé Ballesteros, presidente da Asociación Galega de Editoras, pronunciou en nome das tres entidades convocantes.

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia celebraron a segunda edición dos Premios da Gala do Libro Galego, un galardón co que se pretendeu recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.

As obras gañadoras, sen dotación económica, foron determinadas por un xurado externo e déronse a coñecer o 20 de maio na Gala do Libro Galego 2017, que tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, segundo o seguinte programa:

  • 18.30 Sesión fotográfica á entrada do teatro
  • 19.30 II Gala do Libro Galego 2017
  • 21.30 a 22.30 Sesión fotográfica coas persoas gañadoras

Iria Pinheiro foi a mantedora da Gala, que contou coa actuación do grupo De VACAS

 


A seguir, as obras gañadoras nas distintas categorías:

Ensaio

Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María. De Mercedes QueixasEditorial Galaxia

O xurado estima que é unha obra pedagóxica, de fácil lectura e moi divulgativa, con funcionamento exitoso nas librarías.

 

Tradución

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de BretañaAnónimo. Tradución: Henrique Harguindey BanetRinoceronte Editora

O xurado valorou nesta tradución a dificultade técnica de imitar o estilo doutra época e estima positivamente a idoneidade e necesidade da escolla desta obra para a tradución ao galego

 

Proxecto literario na rede

A Sega. Plataforma de Crítica Literaria

Valoráronse a unión de esforzos de crítica literaria e divulgación, coa capacidade de artellar un grupo de persoas exercendo crítica, resaltando a vertente feminista da plataforma.

 

Literatura infantil e xuvenil

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia CostasEdicións Xerais de Galicia

Estimouse o imaxinativo proceso de transformación, empregando o recurso da muller planta, a partir do que se teceu unha historia de grande valor plástico que permite unha lectura moi visual.

 

Iniciativa bibliográfica

Aulas sen paredes. De Rosalía Fernández RialEdicións Positivas

O xurado valorou a metodoloxía empregada e a introdución de linguaxe non verbal. Trátase dunha obra que pon en valor un xénero que non soe ser a primeira escolla polo que se inclina o lectorado. Trátase dos poucos traballos de didáctica probada en galego

 

Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)

Valorouse como unha iniciativa con moito esforzo e reducido orzamento, que aposta por un modelo empresarial moi axeitado para dinamizar o mundo da libraría.

 

Libro ilustrado

Canta connosco. De Óscar VillánKalandraka Editora

Pola fluidez e narrativa do ilustrador. A súa plástica orixinal escapa da redundancia co texto, achegando un significado propio co seu deseño.

 

Teatro

Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos LabrañaEditorial Galaxia

Sobrancéase o feito de introducir nunha obra dramática unha cuestión de ctualidade. É un libro orientado a un público que non soe consumir este xénero, polo que se valora a necesidade de darlle valor ao teatro infantil. Destacouse o labor do autor como escritor teatral.

 

Xornalismo Cultural

Zig-Zag

Pola constancia da atención ao xornalismo cultural, sustentada na necesidade de espazos culturais dentro da televisión pública. É un proxecto que valora a cultura e, concretamente, visibiliza o sector do libro.

 

Narrativa

Todo canto fomos. De Xosé MonteagudoEditorial Galaxia

Pola súa calidade, que lle permite acadar o seu ambicioso obxectivo: reflectir a realidade dunha época. É unha grande novela con pouco recoñecemento.

 

Poesía

O cuarto das abellas. De Antía OteroEdicións Xerais de Galicia

Destácase a creación dun mundo propio a través de imaxes en diálogo coa literatura, que conmove o lectorado.

 

Ademais, entregáronse os premios honoríficos de cada unha das entidades convocantes. A Federación de Librarías de Galicia outorgoullo á Libraría Platero, de Ourense; a Asociación de Galega de Editoras premiou e recoñeceu a traxectoria como editor de Ánxel Casal e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeu o galardón á Escritora Galega Universal á autora portuguesa Hélia Correia (estas foron as palabras de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, no momento da entrega).

 

 


O total de obras finalistas foi:

:

 

Ensaio

Narrativa

Literatura Infantil e Xuvenil

Libro Ilustrado

Iniciativa bibliográfica

Tradución

Poesía

Teatro

 Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

Proxecto literario na rede

Xornalismo Cultural

A Gala do Libro Galego 2017 contou co apoio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.