Ledicia
Costas

Nacín en Vigo, no 1979.

En narrativa teño publicada en Edicións Xerais de Galicia a novela Unha estrela no vento e o relato "Negrita" que está incluído no volume colectivo Narradoras. Como poeta colaborei en revistas como Dorna, no volume colectivo Isto é un poema e hai xente detrás que acaba de editar Espiral Maior cos premiados e finalistas do certame Gz Crea, e no volume colectivo que publicará proximamente a Universidade de Vigo cos premiados no Certame de Poesía da Universidade de Vigo. Tamén no eido poético codirixín a instalación Ut pictura poesis, na Igrexa da Universidade de Santiago, exposición que combinaba artes plásticas e poesía.

Traballei no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais e dirixindo e protagonizando a curtametraxe poética: A miña vida é unha caixa de zapatos.

Actualmente estou rematando Dereito Económico, labor que compaxino coa participación en diversos recitais e coa creación literaria.

[Xaneiro, 2008]

[Foto de Antón Sobral]