Do 10 de novembro de 2017 ao 11 de novembro de 2017
A AELG colabora neste curso coa Universidade de Santiago mediante o patrocinio da Secretaría xeral de Política Lingüística.
Foto da actividade

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre  Carlos Casares como educador e escritor de Literatura Infantil e Xuvenil. O obxectivo é salientar a importancia das súas obras na formación lectora no Ensino Infantil, Primario e Secundario e demostrar que son imprescindíbeis na planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita.

 


Convocan:

  • Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación. Grupo de Investigación LITER21
  • Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Carga docente: 10 horas (a homologación ten que solicitarse individualmente unha vez rematado o curso á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como formación permanente do profesorado)

Datas de realización: 10 e 11 de novembro de 2017

Lugares de celebración:

  • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, 15704, Santiago de Compostela)
  • Biblioteca  Afundación  (Rúa  Frei  Rosendo  Salvado,  14-16,  15701,  Santiago  de Compostela)

Requisitos de acceso: mestres, profesorado de Ensino Secundario e Bacharelato, bibliotecarios. Calquera persoa interesada no tema

Matrícula: ata o 9 de novembro de 2017, enviando a folla de inscrición* debidamentecuberta e o xustificante bancario de pagamento á dirección de correo electrónico ice.secretaria@usc.es.
*Documento dispoñíbel na Páxina Web do ICE: http://www.usc.es/gl/institutos/ice/

Pagamento:

  • Prezo: 15 €
  • Nº de conta para efectuar o ingreso: Banco Santander (ES40-0049-2584-9022-1400-2210)
  • Concepto: Workshop/Seminario – “Literatura e Memoria. Carlos Casares no ensino”
  • Prazos de pagamento de matrícula: un único prazo

Número de prazas: 150


 

Programa

Venres 10 de novembro

Lugar de celebración: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa de San Roque, nº 2, 15704, Santiago de Compostela)

16,30-17,00
Recollida do material

17,00-17,15
Inauguración: Secretario Xeral de Política Lingüística, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, directora do Instituto de Ciencias da Educación, director da Biblioteca Afundación e directora do curso.

Presentación do monográfico Representacións do mundo árabe na LIX, coordinado por Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez

17,15-18,15
Literatura e Memoria
Sara Reis da Silva (CIEC-IE-UMinho) e João Manuel Ribeiro (editor, escritor e investigador)

18,15-18,30
Descanso

18,30-19,00
Planificación cultural e educativa. Proxecto Galaxia: de Ramón Piñeiro a Carlos Casares
Armando Requeixo Cuba (CRPIH)

19,00-19,45
Carlos Casares no ensino, o seu labor como mediador docente e a súa obra para os máis novos
Mar Fernández Vázquez (ICE-USC)

19,45-21,30- A función da ilustración na obra de Casares. Taller de ilustración: Achega a propostas artísticas contemporáneas que poderían ilustrar as obras de Casares
Olalla Cortizas Varela, Cristina Trigo Martínez e Guillermo Calviño Santos (ICE-
USC)

 

Sábado 11 de novembro

Lugar de celebración: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701, Santiago de Compostela)

9,30 -10,00.
Carlos Casares tradutor
Ánxela Gracián (USC)

10,00-10,45
As obras de Carlos Casares no ensino infantil e primario. Unha proposta didáctica
Marta Neira Rodríguez (ICE-USC)
 

10,45-11,00
Descanso

11,00-11,45
As obras de Carlos Casares no ensino secundario. Unha proposta didáctica
Eulalia Agrelo Costas (ICE-UVigo)

11,45-13,45
Carlos Casares a través da ollada doutros creadores e creadoras (Marilar Aleixandre; Concha Blanco; Carlos Labraña e Xosé Antonio Perozo)
Carmen Ferreira Boo (ICE-USC) e Isabel Mociño González (ICE-UVigo)

13,45-14,00
Clausura: directora do Instituto de Ciencias da Educación, director da Biblioteca Afundación e directora do curso

Entrega de certificacións


Información
 
Universidade de Santiago de Compostela Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
Telf. 881814470/881814475/881814478
ice.secretaria@usc.es
blanca.roig@usc.es
 
Universidade de Vigo/Universidade de Santiago de Compostela
Marta Neira Rodríguez
marta.neirarodriguez@ceu.es marta.neira@usc.es
 
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
oficina@aelg.org
 
Biblioteca Afundación Telf. 981 59 34 67 biblio.santiago@afundacion.org
 

Colaboran

 
  • Biblioteca Afundación
  • Rede Temática   “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI)
  • Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) – USC
  • Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA

Directoras
Blanca-Ana Roig Rechou e Ana María Porto Castro
Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela

Coordinación e Secretaría

  • Rocío García Pedreira, Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela
  • Marta Neira Rodríguez, Universidade de Santiago de Compostela/Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
  • Isabel Mociño González, Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela - Universidade de Vigo - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades