Sabela
González

Nacín en Burela en 1981, pero dende hai máis de quince anos vivo en Vigo, onde estudei Tradución e Interpretación. Actualmente, traballo na Universidade de Vigo como técnica de proxectos internacionais. Son tamén blogueira afeccionada, debuxante empedernida e poeta esporádica. Todas estas cousas compártoas no meu blog Gramática de Corpos (que podes atopar en www.sabelagonzalez.com) e, algunhas ilustracións, tamén, na Revista Dot.

Publiquei o meu primeiro libro, Bágoa de Lúa, a primeira parte da triloxía As Crónicas de Landereina, en xuño de 2013. A segunda parte, Feitizo de Sangue, veu a luz en febreiro de 2015, e en nadal de 2016 sae do prelo o terceiro e desenlace, Sangue de Lúa.

[Decembro, 2016]