Nacín en Burela en 1981, pero cando tocou ir facer unha carreira, acabei en Vigo, onde fixen Tradución e Interpretación e onde sigo vivindo, agora, coa miña nova familia.
Traballo na Universidade de Vigo, como técnica de proxectos internacionais de investigación dende 2008. Dende hai anos, declárome blogueira afeccionada, debuxante empedernida e poeta esporádica, malia que os tempos actuais me teñen con máis traballo da conta e atarefada cunha parella de descendentes como para dedicar abondo tempo a estes intereses. .
Publiquei o meu primeiro libro, Bágoa de Lúa, a primeira parte da triloxía As Crónicas de Landereina, en xuño de 2013. A segunda parte, Feitizo de Sangue, viu a luz en febreiro de 2015 e en nadal de 2016 publicouse o desenlace, Sangue de Lúa. O resto de proxectos permanecen en estado de borrador, agardando pola conciliación, a inspiración ou a perseverancia que, seguro, está por vir.
[Outubro, 2023]