(1927 - 2009)

Daniel
Cortezón

Daniel Cortezón Álvarez naceu en Ribadeo (Lugo) o 6 de febrero de 1927. A causa dos sucesivos traslados do seu pai, que perteneceu ó Cuerpo de Carabineros, pasou tres anos da sua nenez en Andalucía. En 1934 o seu pai foi trasladado a Luarca (Asturias) onde os colleu a revolución de Outono. Trasladado de novo a Luanco (Asturias) os sorprendeu alí a guerra civil. A caída de Asturias a familia fuxiu a Francia e o seu pai, como militar, incorporouse de novo á zona republicana nun Reximento de Carabineros. Ó rematar a contenda voltaron a súa nai e mais el á vila natal de Ribadeo, pasando seu pai a unha prisión militar. A remates do ano 1939 empezou a traballar de aprendiz nunha botica, traballo que desenvolveu ata 1963, no que se trasladou a León a traballar nunha empresa e de alí a Madrid. No entanto comenzou a escribir e asemade colaborou na Revista Auxiliares de Farmacia da que chegou a ser Redactor-Xefe. A súa formación é totalmente autodidáctica.

Gracias á amizade epistolar co teórico anarquista Vicente Martínez Rizo, iniciou a colaboración na Revista Rumbo, que despois da guerra tiña sucedido á primitiva revista ácrata Estudios, de Valencia. Entre os artigos pubricados entón, caracterizados pola tendencia ensaística, podense mencionar: "La decadencia del sentido estético"; "Sobre la estética de Montesquieu"; "La filosofía de la historia en Víctor Cousin"; " La estética, el arte y lo bello"... A súa obra, tanto en galego como en castelán, contén teatro, narrativa, ensaio, artigos, traduccións ó galego, prólogos, etc.

Despois de pasar abondos anos en Madrid, onde estivo en contacto coa maior parte dos intelectuais galegos que entón residían alí e que soían facer xuntanza no Café Gijón, retirouse de novo á súa vila natal de Ribadeo, residindo finalmente a maior parte do tempo en Vigo.

[Marzo, 2002]