Soledad
García Riveiro

Poetandactianimalfabeto
 Libro artístico con LSE (Literatura infanto-xuvenil)
 decembro de 2026
 Observacións: Proxecto Emocionaria. Libro artístico e sensorial con LSE. Impresión: Gráficas Ezponda. 35 páxs. Rexistro de Propiedade Intelectual: 03/2023/165. Sinopse: Libro artístico e inclusivo de ilustración educativa que percorre as 23 letras do alfabeto galego a través de 113 animais. Un universo creativo no que as letras cobran vida e cada animal abre as portas a novas experiencias de aprendizaxe. A súa riqueza radica na diversidade de propostas que combinan arte, linguaxe e xogo: Alfabeto dactilolóxico, adiviñas en formato haiku, pegatangramcepción, lingua de signos, modelaxe con arxila e braille. Sete chaves para explorar a motricidade fina, descubrir as nocións espaciais, estimular a memoria, a percepción e a concentración, ao tempo que se fomenta o respecto pola diversidade e as distintas formas de comunicarnos. Per se prepara as cores e a arxila, e mergúllate na esencia das letras!