Do 12 de setembro de 2021 ao 19 de setembro de 2021
Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela
Foto da actividade

No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2021, terá lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.

No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

- Prazas limitadas: 30.
- Inscrición obrigatoria no correo electrónico: paseos.compostela@maos.gal 
- Rexistro dispoñible até o día previo a cada roteiro, indicando: roteiro, prazas solicitadas, nome e teléfono de contacto.

 

O programa de Paseos Literarios é o seguinte:

 

Compostela de ficción: illas e carruseis na cidade novelada. Berta Dávila.

Domingo 12 de setembro, 12:00 h.

Punto de partida: Biblioteca Ánxel Casal.

 

Festina lente, canteiros e impresores en Compostela. Marcos Calveiro.

Luns, segunda feira, 13 de setembro, 17:00 h.

Punto de partida: Arco de Mazarelos.

 

As pedras non esquecenAndrea Barreira.

Martes, terza feira, 14 de setembro, ás 17:00 h.

Punto de partida: Alameda de Santiago, xunto á estatua de Maruxa e Coralia.

 

Paseando coas MaríasCarlos Labraña.

Domingo 19 de setembro, ás 12:00 h.

Punto de partida: Alameda de Santiago, xunto á estatua de Maruxa e Coralia.