No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2019, tivo lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
O programa de Paseos Literarios foi o seguinte:
A Compostela dos libros propios e alleos Inma López Silva
Sábado 8 de xuño, 18:00
Punto de partida: Praza da Quintana (esquina con Acibecharía)
A cerca das palabras Helena Villar
Mércores 12 de xuño, 18:00
Punto de partida: Praza da Quintana
A voltas por Santiago. O espazo literario na obra de Manuel Portas Manuel Portas
13 de xuño, 18:00
Punto de partida: Igrexa de Santa Salomé (Rúa Nova)
Portas e poxigos da antiga muralla de Santiago Héctor Cajaraville
15 de xuño, 18:00
Punto de partida: Praza da Quintana.