Do 5 de outubro de 2019 ao 23 de novembro de 2019
Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra
Foto da actividade

Paseos pola cidade con autoras e autores que escribiron sobre Pontevedra.

Todos os paseos comezan ás 11:30 h.

Para se inscribir é necesario enviar os seus datos (nome completo, enderezo e correo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com e indicar a que paseos queren apuntarse a partir do 25 de setembro. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. Prazas limitadas: 50 persoas.

 

Adíase a data prevista do sábado 23 de novembro, por problemas meteorolóxicos. En canto se dispoña dunha nova data, darase a coñecer.

A cidade imaxinada: unha memoria familiar

Con MN Soutelo.

 

Xa tiveron lugar:

Sábado 5 de outubro

Poden o escritor e a literatura modular sentimentalmente a cidade?

Con Adolfo Caamaño.

 

Sábado 26 de outubro

Pontevedra Dragaliana. Dragóns e recunchos máxicos na Pontevedra vella.

Con Elena Gallego Abad.