Poeta, narrador e autor de literatura xuvenil e infantil, Xerardo Quintiá naceu en Friol en 1970.
En 1984 trasládase a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural ”Táboa Redonda” de El Progreso (1988) e colaborou en revistas como Dorna ou Xistral.
[Xuño, 2012]