Inmaculada Otero Varela naceu en Carral, A Coruña, o 30 de xuño de 1976. Licenciada en Filoloxía Hispánica, (UDC, 1994-1998) e Filoloxía Galega (USC, 1998-2000), na actualidade, imparte aulas de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario.
Como crítica literaria colabora habitualmente en Grial, na revista cultural italiana Insula Europea, así como no suplemento Sermos Galiza ou no xornal Novas do Eixo Atlántico. Como investigadora, para alén de artigos recollidos en revistas especializadas como o Boletín Galego de Literatura, Insula ou Critica del testo, publica en 2014 o ensaio A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 6 (Vigo: Euseino?). En 2017 traduce o libro de Maurizio Ferraris Emerxencia (Vigo: Euseino?).
[Maio, 2020]