Carlos
Callón

Nacín nos Areeiros, en Ribeira, en 1978. Son profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario, desde 2018 no Instituto Español de Lisboa, e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués.

Presidín durante doce anos A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, da cal son agora presidente honorífico.

Gosto de investigar sobre os temas que me despertan curiosidade. Froito diso, publiquei pesquisas históricas como Amigos e sodomitas (2011), o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012) e varios ensaios sociolingüísticos, entre os cales o máis recente é O libro negro da lingua galega (2022). Como poeta, o meu último traballo é A abertura da boca (2021).

Se quixeres consultar un currículo máis detallado, podes clicar aquí.

[Xuño, 2022]