Nacida en Lugo, en 1948, licenciada e doutora en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica: Español) e licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa. Impartiu docencia no antigo Colexio Universitario de Lugo e foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado. Campus de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora do Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da mesma universidade.
Entre os seus libros figuran:
- [1981] Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada. Lugo: Deputación Provincial de Lugo. ISBN: 84-7044-048-9 (Pp. : 448).
- [1981 e 1984] Armando Cotarelo Valledor. Teatro histórico e mariñeiro (Hóstia, Beiramar e Mourenza). Edición, introducción e notas. A Coruña: Ediciós do Castro. ISBN: 84-7492-098-2 (Pp.: 213).
- [1994] Sobre Luis Pimentel, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero. Apontamentos de Filoloxia, Crítica e Didáctica da Literatura. A Coruña: Ediciós do Castro. ISBN: 84-7492-721-8 (Pp.: 418).
- [2004] Estudos sobre Emilia Pardo Bazán e recompilación de dispersos. Lugo: Deputación Provincial de Lugo.ISBN: 84-8192-255-2 (Pp.: 195). [2006] Edición dixitalizada: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:
- [2007] Unha cidade e un poeta (Lugo e Luís Pimentel). Deputación Provincial de Lugo/Universidade de Santiago. ISBN: 987-84-8192-382-7 (Pp.: 104).
- [2009] Luís Pimentel. Obra Completa. Vigo: Galaxia. ISBN: 978-84-9865-234-5 (Pp: 483)
Así mesmo: [1988] O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, por A. Herrero e A. Marco. Ediciós do Castro, A Coruña. ISBN: 84-7492-373-5 (Pp: 280).
Autora tamén de distintas monografías, capítulos de libros en volumes colectivos sobre lingua, literatura e didáctica, ensaios e estudos varios en revistas como Grial, Lenguaje y Textos, O Ensino, Agália, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Casahamlet, Turia, Tabanque, Moenia, ANILIJ, etc.
Ditou conferencias en distintas universidades e foros estatais e estranxeiros. Participou en distintos congresos, simposios e seminarios nacionais e internacionais, ben nos comités científicos ou organizadores, ben como conferenciante, ponente, comunicante ou como editora das respectivas actas. Formou parte, así mesmo, de consellos asesores e comités de redacción de revistas hispánicas e participou en distintos xuris de premios de investigación lingüística e literaria.
[Xuño, 2020]