Antón Dobao naceu en Lugo o 16 de xullo de 1963. Licenciado en Filoloxía Galega, amais de filólogo é escritor e guionista e tamén director. Desde 1986 é Asesor Lingüista da TVG. Na actualidade desenvolve e dirixe o proxecto de ficción audiovisual Un Mundo de Historias, consistente na produción de longametraxes baseadas en adaptacións de obras do sistema literario galego. É o creador do dito proxecto.
Entre os anos 1995 e 200 foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Dispensou a materia Libro de Estilo.
É membro do Comité de Redacción da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro desde a súa fundación.
[Abril, 2009]