Marcelino
Fernández Mallo

O autor nace na Coruña no ano de 1961. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade a Distancia e MBA polo IMD, Escola de Negocios de Lausana, desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no sector financeiro galego, ultimamente no eido da Internet.

Conferenciante habitual no triángulo norte da península e colaborador de distintos xornais, dixitais e tradicionais, publicou en 1998 o libro De la Peseta al Euro. Con Cabilia estréase na literatura de fición.