Modesto Fraga (Fisterra, 27/02/1974) escribe poesía e contos en lingua galega. No xénero lírico acadou certames literarios diversos como o Avelina Valladares, O Grelo-Amigos de Galicia, Rosalía de Castro, Francisco Añón, Francisco Fernández del Riego, Faustino Rey Romero e Ramón Cabanillas entre outros.
Poemas da súa autoría aparecen nos libros colectivos Coroa Literaria para Roberto Blanco Torres (Ediciós do castro), A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Rumbo ás illas (A.C. Monte Branco), Mar por medio (Toxosoutos), Nós (Batallón Literario Costa da Morte), De mar e vento (Espiral Maior), e no terceiro tomo da antoloxía 25 anos de poesía galega (1975-2000) que o profesor Luciano Rodríguez elaborou para a Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Tamén publicou poemas en revistas especializadas como Dorna, A Xanela, Casa da Gramática, Augas verso, Feros Corvos, Lúa Nova e outras.
Na actualidade forma parte da Xunta Directiva do PEN Clube de Galicia, e foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía Letras de Cal.
[Decembro, 2002]