Xosé Estévez Rodríguez.
Data e lugar de nacemento: 29 de Agosto de 1943, en QUIROGA (Lugo)-Galicia.
Diplomado en Estudos Eclesiásticos, Seminario Maior Diocesano de Lugo, en 1967, e recoñecido civilmente en 1996.
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense, de Madrid, en 1973.
Doutor en Historia pola Universidade de Deusto, en 1990.
Profesor de Historia Antiga na Universidade de Deusto, Campus de San Sebastián, de 1973 a 1983.
Profesor de Historia Contemporánea de España para estranxeiros na Universidade de Deusto, Campus de Donosti, durante os cursos 1974-75 e 1975-76.
Profesor de Historia Moderna na Universidade de Deusto, Campus de Donosti, desde 1974 ata o curso 1998-1999.
Profesor-encargado da "Cátedra de Estudos Galegos" na Universidade de Deusto, campus de Bilbao, durante o curso 1991-92.
Profesor-encargado de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco durante o curso 1992-93 e profesor da mesma materia desde o curso 1996-97 ata o curso 2000-2001.
Profesor da materia: "Historia Contemporánea" desde o curso 2001-2002.
Profesor da materia "Nacionalismos e rexionalismos na España Contemporánea", desde o curso 1995-96 ata o curso 1999-2000.
Profesor da materia "Sociedade e Cultura na España Contemporánea" desde o curso 1999-2000 ata o 2002-2003.
Profesor da materia "Historia do Mundo e da España Actual" desde o curso 1999-2000 ao 2004-2005.
Profesor da materia "Sociedade e Cultura no País Vasco actual" desde o curso 2001-2002.
Profesor Titular de FP-2, de Formación Humanística e Lingua e Literatura españolas, no Centro Nazaret de F.P., Obra Social da Kutxa Gipuzkoa, desde 1973 ata o curso 1998-1999.
Profesor no Bacharelato LOGSE de Lingua e literatura española, de Historia Contemporánea Universal e Historia Contemporánea de España no Centro Nazaret, Obra Social da Kutxa Gipuzkoa, desde o curso 1997-1998.
Socio de número da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, desde o 8-Maio-1987.
Colaborador da Gran Enciclopedia Ilustrada do País Vasco; Editorial Auñamendi, Donosti.
Colaborador dos diarios Deia (este en galego), Gara e a revista A Nosa Terra.
Premios: IV "Anduriña de Prata", 1995, e Pedrón de Honra 1999.
[Decembro, 2020]