Xavier
Queipo

FORMACIÓN ACADÉMICA

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. 1974-1979. Exame de grado de Bioloxía (1983). Especialidade: Bioquímica. Cualificación: Notable.

Licenciado en Medicina e Cirurxía. Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. 1975-1982.

FORMACIÓN CONPLEMENTARIA

Cursos de postgrao en Medicina: Durante os cursos 1983-1984 realicei na Facultade de Medicina de Santiago e no Colexio de Médicos os seguintes cursos: Patología del desarrollo, Avances en Endocrionología, Avances en Terapéutica antibiótica, Ética Médica e Actualización Médica.

Cursos de postgrao en Bioloxía. Durante os cursos 1986-1988 realicei no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e na Universidade de Santiago de Compostela os seguintes cursos: "Dinámica de Recursos Pesqueros", "Ampliación de Oceanología", "Biología Pesquera", "Cultivo de peces en agua salada, con especial referencia al rodaballo", "Estadística General: Análisis de varianza", "Fisiología hepática", "Ictioplancton" e "Manejo del paquete estadístico BMDP: Series temporales y análisis de componentes principales".

Seminario internacional de Sanidade Pública: Bruxelas; Xullo 1998.

Curso de postgrao en Economía Pesqueira: Curso 1999-2000.

Cursos administrativos: Management for everyone: Bruxelas 1989.

IDIOMAS

Inglés: Lingua de traballo. Capacidade de redacción de informes.

Francés: Lingua de traballo. Nivel medio. En 1991 e 1992 recibín da Comisión Europea dous cursos personalizados de francés (60 horas por curso)

Portugués: Lingua de traballo. Nivel medio-alto.

COÑECEMENTOS DE INFORMÁTICA

Utilización como usuario de procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos e Internet.

Avaliador de aplicacións informáticas referidas a proxectos de intercambio de información entre administracións.

EXPERIENCIA LABORAL

2001: Administrador na Unidade de Inspección da Dirección Xeral de Pesca das Comunidades Europeas. Coordinador da Inspección en Augas Comunitarias. Participación en Comités de Política interior e exterior da pesca, representante da Comisión en diversos grupos de traballo en Organizacións Pesqueiras Internacionais (Grupo de Traballo en Especies de Grandes Fondos da Organización de Pesca do Atlántico Nororiental, NEAFC).

1999-2001: Traballos de traducción técnica para o Museo do Podo Galego. Traducción de "Le Periple de Baldassare" de Amin Maalouf. Profesor invitado na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela.

1989-1999: Dirección Xeral de Pesca das Comunidades Europeas. Postos de crecente responsabilidade nos Servicios de Inspección e Control (Inspector de pesca, Coordinador da Inspección Pesqueira da Comisión, Responsable das estatísticas de Pesca) e de Acordos Internacionais. Experiencia internacional en inspeccións pesqueiras en Europa e no área NAFO, participación en Comités de Expertos en control, participación en Comités de Política interior e exterior da pesca, reunións bilaterais (Chile, Nova Zelandia, foro do Pacífico), representante da Comisión en diversos grupos de traballo en Organizacións Pesqueiras Internacionais (Comisión Inter-Americana do Atún Tropical).

1986-1989: Departamento de Pesquerías Afastadas do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) de Vigo. Elaboración de informes. Campañas de Investigación. Representación da Administración española no Consello Internacional da Exploración do Mar.

1984-1985: Contratos temporais co Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Mostraxes biolóxicos a bordo de buques de pesca de altura. Caladoiros NAFO e Svalbard. Estudio das mostras, introducción dos datos no ordenador e participación na elaboración de informes para a Administración española.

1983-1986: Diversos traballos temporais no Instituto Nacional de la Salud (INSALUD) como médico de asistencia primaria.

OUTOR DATOS DE INTERESE

Profesor axudante de "Dinámica de populações de peixes" na Facultade de Ciencias da Universidade de Porto, (1986-1987)

Profesor invitado na especialidade de "Economía da Pesca" na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (2001-2002)

Colaborador de revistas especializadas (Industrias Pesqueras, Boletín del Instituto Español de Oceanografía), 1989-2000.

Colaborador da "Unidad de enfermedades genético metabólico nutricionales" de la Clínica Universitaria de Pediatría de la Universidade de Santiago de Compostela: 1981-1983.

Conferenciante da Dirección Xeral de Pesca da Comisión Europea. 1994-2002.

Colaborador do Programa Internacional Coastwatch. 1993-2000.

Experiencia en relacións internacionais.

* A foto é da autoría de Cé Tomé.

[Bruxelas, Novembro, 2002]