Fidel
Vidal Pérez

FIDEL VIDAL PÉREZ, (Sta. Uxía de Ribeira, 1942), reside na Coruña desde 1972 onde exerce como psiquiatra. Foi profesor de Ciencias Psicosociais e de Enfermería Psiquiátrica na Universidade da Coruña. Pertence á Asociación Galega de Saúde Mental.

Pintor e ensaísta, entre outras publicacións, ten colaborado en Luzes de Galiza e Casahamlet (A Coruña), así como en Mani Art (Francia), Art-Life (USA), De Segni di Sogni (Italia), Copy-Left (Suiza), ou Leopold Bloom (Hungría). En 1969 obtivo o premio La Hora XXV de novela curta con La sapa.

Coautor das obras Desde mil novecentos trinta e seis, (1995), e Voces na materia, (2006). Selección en Antología de la poesía visual (2005), e Poesía española. Una propuesta. De la generación del 68 a la del 2000, Barcelona (2008).

Autor de Anatomía da emoción poética, Edicións do Castro (1999); A camelia oxidada, Tambo, Pontevedra (2006); e de Arte na Esquizofrenia e outros excesos, Laiovento (2008).

[Marzo, 2009]