Xoán
Neira López

XOÁN NEIRA (Meilán-Lugo, 1953)

Mestre en Viveiro, onde vive desde 1982. É membro fundador do Seminario de Estudos "Terra de Viveiro" co que participa en publicacións colectivas e outras actividades.

Colaborador das páxinas de El Progreso-A Mariña.

Publica poemas en revistas: Guieiros, Lúa Nova, Saudade, A Xanela, A Casa da Gramática e Xistral entre outras e en libros colectivos: Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, Alma de beiramar, Negra Sombra contra a marea negra...

Premiado en distintos certames de poesía: Meigas e Trasgos, Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona... e nos de xornalismo Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.

É autor dos libros de poemas: Memoria e soño (1996), Nas varandas do abrente (2000), Ás catro augas (2004) e Linguaxes (2005) en colaboración co artista plástico Otero Regal . En poesía infantil é coautor do poemario musicado Recreos (1997) e autor de Xiz de cor.

[Marzo, 2017]