Víctor Campio
Pereira

MEMBRO DE HONRA DA AELG, 2011

Víctor Campio Pereira González naceu na aldea de Garabás (Maside) o 15 de xullo de 1928. Estudou no seminario de Ourense e fixo a carreira de maxisterio nesa cidade. Nesa época trabou coñecemento co grupo de escritores nucleados ao redor da revista Posío, como Xosé Conde, Antón Tovar ou Pura Vázquez, mais tamén con Faustino Rey Romero. Poeta en O ar que nos leva (1987) ou Perdida Luz (2000), novelista en Baixo o sol do Magreb (1998), Víctor Campio Pereira González colabora en diversos xornais e revistas e sempre ten a defensa da lingua e da cultura galegas no seu facer diario.

O 15 de xaneiro de 2010 foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega.

[Xaneiro, 2011]