Suso
Díaz

Nacín o 1 de maio de 1971, en Ludeiros (Lobios). Comecei estudos de Filoloxía Hispánica. Dende o ano 1997 son funcionario da Junta de Extremadura.

No ano 2018 publico en edición electrónica Si cantan, es ti que cantas, amada Rosalía e tamén Infindos latexos de esencia poética, 121 poemas en forma de haiku. No ano 2017 publico en Laiovento O sol dentro da cabeza, 76 poemas creados a partir das lecturas da obra narrativa de Carlos Casares. Tamén edito a antoloxía Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía, publicada por Ediciones Liliputienses, con poemas en portugués, español, galego, catalán e euskera. No ano 2016 publico Sofía, en Ediciones Liliputienses. No ano 2015 xunto a Helena Villar Janeiro editamos e coordinamos o libro: 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca. Biblos Clube de Lectores. Nese ano tamén coordino o libro colectivo: 150 Cantares para Rosalía de Castro. Edición dixital. Parte da miña obra publicada atópase en antoloxías en galego e tamén en español.

Xunto á miña compañeira MariPaz diriximos, na radio, o programa de poesía La voz en espiral, en Español, Galego e Portugués. Tamén xunto a MariPaz mantemos o caderno de poetas galegos contemporáneos As escollas electivas.

Na rede manteño o caderno persoal susodiaz.gal

[Maio, 2018]