Óscar de
Souto

Proiectus vitae

Autor nado no confín dos verdes castros no Concello de Cabana de Bergantiños no equinoccio outonal do 1980. Reside no presente na súa vila prefirida, Laxe.

Múltiples columnas literarias na extinta revista coruñesa Xente Nova (1995-1999). Foi cronista e membro directivo da redacción da revista Airiños. Tamén colaborou como articulista en El Periódico de Arteixo. Participou no Xurado do Concurso Literario Manuel Murguía de Contos no 2008. Foi membro fundador e dirixente do xa extinto grupo cultural O.L.C.A. Participou en centos de recitais de poesía en toda Galicia e diseñou outros centos de actos culturais sempre relacionados coa poesía ceibe e en galego. Activo dinamizador socio-cultural.

Premios literarios

Accésit de poesía II Concurso literario Rita Suárez Amado do ano 2007

Accésit de poesía III Concurso literario Rita Suárez Amado do ano 2008

Múltiples galardóns nos Concursos Literarios Don Bosco Coruña, entre outros concursos sen agasallo económico

Presente

Tertuliano na sección literaria “A Goleta” en radio Nordés-Cadena Ser no programa Vivindo a costa na 92.2 FM

Locutor no programa cultural “Ó noso xeito” nas radios ceibes da Costa, radio Roncudo Corme 106.1 FM e radio Neria Corcubión 107.8 FM

Firma no diario dixital da Costa da Morte, Quepasanacosta

Funda e co-dirixe os grupos sociais e dixitais “Goleta Ó noso xeito” e “Xente de Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra” (Ber.Son.Xa.Fis.)

[Novembro, 2016]