Montserrat
Yoldi Sanmartín

Eu nacín ao pé dun río que é a fabrica central de néboa. O frío combatiamolo coa calor da cociña bilbaína e das conversas familiares. Un día marchamos ao país do mar. Un mar azul e verde, brillante e todopoderoso. Un país de sotaques salgados que traían os ventos do Atlántico e que eu nunca escoitara. E coñecín outros lugares. Pero había un río que non deixaba de medrar e sempre me acompañaba: é o río das palabras. Moitas tardes acaroeime nun relanzo para escoitar as historias das súas augas. E alí, da música desas palabras, naceu o meu primeiro libro, Coas pálpebras baixas, publicado en 2013. Ao comezo de 2018 publiquei Cinsa na boca.

[Maio, 2018]