Manuel
Pereira Valcárcel

Manuel Pereira Valcárcel naceu en Ouzande (A Estrada) o 9 de decembro de 1955. Reside en Madrid onde traballa de mestre.

Participou nos libros colectivos Intifada (Fundación Araguaney, Santiago, 1989), Homenaxe a Miguel González Garcés (Deputación da Coruña, 1991), Comercial (Río Xuvia Edicións, Neda-A Coruña, 1998), Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (vtp, Madrid, 2000) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, Vigo, 2001).

Coordinou, xunto con Vicente Araguas, a edición de En tránsito. Antoloxía de poesía galega en Madrid (Ediciós do Castro, O Castro-Sada, 2001).

Colabora en distintos medios de prensa escrita, Encrucillada, Luzes de Galiza, Contrarretranca, A freita, Tabeirós Terra, O Correo Galego etc. Nas convocatorias dos anos 1999 e 2000 obtivo mencións de honor no concurso xornalístico Manuel Reimóndez Portela.

En narrativa, gañou a novena edición (1992) do premio de relatos Casa de Galicia en León por Día de inverno; e en 1999 concedéronlle un accésit no concurso Modesto R. Figueiredo pola narración Sobremesa.

De xeito individual publicou catro libros de poesía, Poemas de cinza (Edición do autor, Madrid, 1990), Todo morte (Edicións Río Xuvia, Neda-A Coruña, 1998), Rosa íntima (Espiral Maior, A Coruña, 2000), Inventario de fragmentos (Libros da Frouma-Librería Follas Novas, Santiago de Compostela, 2001) co que conseguíu o premio Rosalía de Castro, na modalidade de galego, da Casa de Galicia en Córdoba, e Libro das viaxes (Editorial Litoral das Rías, Pontevedra, 2003).

[Novembro, 2003]