Lito
Vila Baleato

Naceu en Alemaña en 1978, país onde é profesor de ensino secundario despois de medrar e estudar en Compostela. Publicou seis lecturas graduadas para escolares e público xuvenil que aprende castelán, ademáis de diferentes series de libros de texto para educación secundaria. É fillo de emigrantes e membro do que el mesmo deu en chamar a xeración da burbulla, como presenta no seu blog do xornal de Santiago de compostela El Correo Gallego, onde escribe e comenta dende a súa perspectiva na diáspora xermana.

Campus Morte (Galaxia, 2018) é a súa primeira novela en lingua galega.

[Abril, 2018]