Jorge Emilio
Bóveda

Ourense 1975. Escritor e mestre de inglés no ensino público.

Procedo dunha infancia de cine fantástico, comics, inseguridades, desmotivación escolar e hiperactividade (cando inda non fora inventado o TDH). Percibín aptitudes temperás cara o debuxo, a música e a (proto)poesía pero, lamentablemente, interferiron negativamente nun sistema escolar que non comprendía a creatividade.

As hormonas da adolescencia tampouco axudaron moito nos caóticos comezos da conformación da personalidade, ata que a inercia, as lecturas desordenadas, os rudimentos poéticos, a composición musical iletrada e despeiteada e os debuxos infantiloides atoparon súa saída natural na redacción de textos cada vez máis longos.

Coa entrada no mundo laboral como mestre de lingua inglesa comecei a facer sitio nas gabetas por medio de autoedicións deses textos, que comezaron a ser edicións no 2010 grazas a David G. Couso e Toxosoutos.

Hoxe "escrivivo", pois escribo para vivir ou vivo para escribir. Hei descubrilo, ou non.

[Marzo, 2017]