Iria
Misa

Nacín en Gondomar no inverno de 1983. Cando contaba con pouco máis dun ano trasladeime cos meus pais á vila de Baiona. Alí transcorreu e segue a transcorrer a miña vida.Decidín dende ben nova que ía estudar unha carreira relacionada coas linguas estranxeiras e no 2006 licencieime en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo. Máis tarde cursei estudos de Posgrao en literatura e cultura dos países de fala inglesa nesa mesma universidade. Durante os anos de formación académica comezou o meu interese pola literatura, o que, co tempo, me levaría a enguedellarme no oficio da escrita. Na actualidade traballo no ensino secundario.

Como narradora teño publicadas as novelas Xa non estou aquí (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016) e Segredos no solpor (2018) na colección Fóra de Xogo de Xerais e Mamá, quero ser Ziggy Stardust (2018) na colección Sopa de Libros. .

[Setembro, 2018]