Carlos
Callón

Nacín nos Areeiros, en Ribeira, en 1978. Cando me teño que describir con poucas etiquetas, as catro que escollo son: activista, profesor, escritor e galego.

Presidín durante doce anos A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, da cal son agora presidente honorífico.

Publiquei varios libros, entre os cales salientan os ensaios Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros), Amigos e sodomitas (2011, premios Vicente Risco e Fervenzas Literarias) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012), así como o poemario Atravesar o fantasma (2014).

Se quixeres consultar un currículo máis detallado, podes clicar aquí.

[Febreiro, 2015]

Nacín nos Areeiros, en Ribeira, en 1978. Son profesor de Lingua e literatura galegas en secundaria e gozo investigando sobre sociolingüística e literatura.

A maior parte do meu tempo dedícollo, porén, ao activismo en defensa do galego. Presido A Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza) e a Fundación Via Galego e tamén son portavoz nacional da plataforma unitaria Queremos Galego. Este activismo levoume tamén a presidir o Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minorizadas, a ser concelleiro na miña vila natal e membro do Consello Asesor de RTVE-G.

Publiquei os libros Unha historia que nos pertence (2005), En castellano no hay problema (2010), Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros á mellor obra non literaria en galego dese ano), Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e premio Fervenzas Literarias ao mellor volume de ensaio e investigación dese ano) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012).
Obtiven tamén varios galardóns pola obra de creación, entre os cales salienta o premio internacional de teatro breve Lauro Olmo (1996). Porén, a maioría do que escribín fóra do ensaio continúa inédito.

Se quixeres consultar un currículo máis detallado, podes clicar aquí.

[Febreiro, 2013]