Antonio
Tizón

Nacín en 1960 na Coruña. Son xornalista, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, e durante vinte anos traballei como periodista en diversos medios e como profesor de distintas materias nas agora chamadas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña.

Publiquei en 1996 un libro de relatos, In medias res e o poemario Ritmos e, en xaneiro de 2015, a miña primeira novela, A antesala luminosa, editada por Xerais, concibida como a primeira entrega dunha tetraloxía de xénero negro que ten ó policía Xosé Sánchez Pereiro de protagonista principal.

En abril de 2018 saíu, tamén en Xerais, a segunda entrega da serie, Un home estraño, VI Premio de Novela Curta "Cidade Centenaria de Riveira".

[Abril, 2018]