Antón
Baamonde

Nacido en Vilalba, en 1959, nunha familia de certa impronta galeguista -o seu avó foi fundador da Irmandade da Fala local-, estudou o bacharelato no Instituto da súa vila natal e Filsofía na Universidade de Santiago de Compostela. Case un neno pasou a formar parte da oposición ao franquismo e máis tarde destacou na esquerda galeguista. Actualmente é profesor de Instituto.

Colaborador habitual na prensa galega, publicou numerosos ensaios e artigos(La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, Diario de Galicia) como en revistas (Galicia Internacional, Obradoiro, Agalia, Luzes de Galiza, Grial), Antón Baamonde está considerado a pluma máis orixinal e valiosa do ensaísmo galego actual.

Formou parte do Consello de Redacción da revista Luzes de Galiza e, en tanto que coordinador do "Foro Luzes de Galiza" redactou os manifestos que fixo públicos o citado foro. Ten impartido conferencias nas universidades de Santiago de Compostela, Barcelona, Oviedo, Oxford, Varsovia e Cracovia, participando nos encontros de Verines, organizados cada ano por Víctor García de la Concha -director da RAE-, nos que cada ano organiza a Fundación Carls Casares, así como en numerosos seminarios e congresos de diversa índole.

Organizou numerosos eventos e xornadas no marco de distintas institucións -Consello da Cultura Galega, COAG, etc- pero, sobre todo, é un dos principais impulsores do proxecto, acometido pola sociedade Edicións de Referencia, que busca a saída á rúa dun novo diario galeguista e progresista.