Alicia
Fernández Rodríguez

Escairón, 1987. Participa en numerosos recitais e cursos de iniciación á poesía para nenos. Os seus poemas foron publicados en revistas literarias como A Caramuxa, Xistral ou Dorna, e nos libros colectivos Sempre mar. Cultura contra a burla negra (2003), Letras Novas (2007) e Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega (2012).

No ano 2005 Ediçoes Tema editou o seu libro de poemas Botar o mar polos ollos.

Foi gañadora de varios premios de poesía entre os que destacan o Francisco Fernández del Riego, Francisco Añón, Díaz Jácome, Ánxel Casal ou Minerva