Do 2 de outubro de 2018 ao 30 de outubro de 2018
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
Foto da actividade

Ledicia Costas, Yolanda Castaño, Carlos Negro, María Lado e Esther Carrodeguas ofrecerán os martes de outubro cadansúa intervención, sempre a partir das 18.00 e na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigoreflexionando sobre a lectura como ferramenta para a equidade nesta cuarta edición do ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense - Universidade de Vigo).

Entrada libre.

Inscrición gratuita en imocino@gmail.com se se quere acceder ao recoñecemento de 15 horas para créditos de libre elección.

A actividade, aberta ao público en xeral, contará nesta cuarta edición con cinco creadoras e creadores que desenvolverán conferencias-coloquios ao redor da súa perspectiva da lectura para formar cidadáns máis críticos, xustos e conscientes das necesidades das persoas. 
Ledicia Costas, María Lado, Yolanda Castaño, Carlos Negro e Esther F. Carrodeguas estarán de modo consecutivo os martes de outubro. Todas elas abordarán as potencialidades da lectura desde diferentes perspectivas, incidindo na necesidade de fomentar os hábitos lectores entre os máis novos e de transmitir valores de equidade, respecto e xustiza. 

Estas foron as palabras de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, no acto de inauguración.

Estas son as vindeiras intervencións:

16 de outubro | Yolanda Castaño | Chaves en letra miúda
23 de outubro | Carlos Negro | Versos para especies diversas (menú de aula)
30 de outubro | Esther F. Carrodeguas | Cambiar coas palabras

Xa tivo lugar a seguinte conferencia-coloquio:

  • 2 outubro | Ledicia Costas | Luces e monstros, da realidade á fantasía

  • 9 de outubro | María Lado | Como pode a literatura cambiar (un pouco) a túa vida

 

Velaquí os vídeos coas diversas intervencións desta sesión inaugural, que debemos agradecer a UVigo TV:

 

Apertura do IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil

 

Benvida da decana da Facultade de Ciencias da Educación

María del Mar García Señorán
Decana Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo
 
 
 

Intervención da coordinadora do IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil

Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo.
Presenta: María del Mar García Señorán
Decana Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo
 

 

Intervención do presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Cesáreo Sánchez
residente, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Presenta: María del Mar García Señorán
Decana Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo
 
 

Intervención do Secretario Xeral de Política Lingüística

Valentín García Gómez
Secretario Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia.
 
 

Intervención da decana da Facultade de Ciencias da Educación

María del Mar García Señorán
ecana Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo
 

Luces e monstros, da realidade á fantasía

 

Presentación de Dª Ledicia Costas

resenta: Isabel Mociño
Profesora, Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo.
Ledicia Costas
Escritora
 
 

Luces e monstros, da realidade á fantasía

Ledicia Costas
Escritora 
 
 

(Rolda de preguntas) Luces e monstros, da realidade á fantasía

Vexa aquí a peza xornalística elaborada polo DUVI o 19 de setembro de 2018.