Centro de Documentación da AELG
Poesía inédita - Uxío
Vázquez Pintor, Xosé

                            UXÍO

 

 

E aínda hai de ti a lucencia no solar da casa

baleira, nese cuarto das albadas cando abren

os paxaros o cíber e a tenda de ocarinas.

E todo pasa, acontece o sol  no parteluz

para o retrato do neno grande do Courel

que tanto sabe a pan

e canta e fala e soña e palabrea coas nebras

cara ao tempo que espelle e sexa a  tal xeración

dos obradores da voz en vó coma estornela:

Parada, Folgoso, Pía Páxaro, Seoane…

unha fartura de ouriolos a inquirir contigo

 

 

.....Galiza “quen te salve”!

 

 

 

 

 

 

Xosé Vázquez Pintor

Agolada, 3 de decembro 2006