Centro de Documentación da AELG
Poesía inédita - Cangas, 16 de xuño 2004, na despedida de A.Tovar, en Auria.
Vázquez Pintor, Xosé
Velai vai cabo do mar sen medo reclamando
o tempo da bravura onde se miden os homes.
Aló abaixo a vida ferve e danza unha muiñeira
antiga de mil pasos.
E a Illa incendia avista berra abre tantas bocas
de mañá coma paxaros leva o percebeiro
na cabeza do raño punta vara de cinto
para un xogo de morte.
Velaivén a onda das estatuas a que rebenta
as cordas como a risa.
E agustín avanza sume sima afinca o pé
nas pedras de abalar a memoria nesta noite
en soño de vivir
vencendo o océano das furias coma cabalos