Centro de Documentación da AELG
Escura e transparente - RAÍZ DO VOO
Ramos, Baldo

RAÍZ DO VOO

vin medrar os bordos do insomnio contra a luz das execucións.

na escreba da primeira voz
fomos deixando un rastro de semente
no trazado do deslinde.

volviamos de lonxe.

tentabamos as márdeas da derruba.

ríos de abelá devolvíanme a noite
en forma de prazo que se incumpre.

suco da infancia podrecida

na procura do amarelo.