VESADA OU PEL DE CINZA
puideches ver as mans que remexeran
nos libros da calumnia
cravando alfinetes nos ollos do espanto.
o lapis abría sucos
nas valgas doutro corpo.
había unha fenda en cada pretexto para recuar,
un oco silenciado polo reclamo da semente.
na entraña das píntegas do que xa nunca escribirei
hai un vento que ataloira as nogueiras do insomnio,
e unha sombra que desoe
a ameaza de ser río
e non sabelo.