Centro de Documentación da AELG
Escura e transparente - TRAZO DE AUGA
Ramos, Baldo

TRAZO DE AUGA

I

apodrenta o gris na palabra escura.

como semente de luz,
o primeiro verso enraíza na ollada.

transparenta a cegueira.

                                     vadeo as pontes
da mudez
polo fío da ebriedade.

o ceo mestúrase coa lama da escrita,
coas túas mans borradas do poema,

esta ferida.