Centro de Documentación da AELG
Escura e transparente - LABRA DE COUZA
Ramos, Baldo

mesturas as palabras co tempo esfacelado na ferida.

o sangue seca nos teus beizos a resposta desandada.

sabe da inicencia das cañotas,
do lume que enxertou a néboa nos rescaldos doutra ollada.

mesturs a verdade incerta do verso que roubaches
á lectura doutra luz
cos pasos que percorren a sombra do desxeo.

azul de augas mornas, a luz.

poño en hora os reloxos detidos no berro da negrura
feita cavorco de xofre
na retina dos soutos incenciados.

esperar non é volver.

nin ir ter comprendido.