Centro de Documentación da AELG
Escura e transparente - NACENTE
Ramos, Baldo

NACENTE

na palabra esquecida
medra o poema.

na cegueira do tempo
que non podemos reescribir,
a seiva do seu desleixo
fermenta unha luz.

escura e transparente.