ninguén soubo dar razón do seu pasado.
agochado entre papeis que a humidade fora abolindo,
fixo sempre da ocultación un xeito de on estar.
esculcou nos palíndromos do tempo
mais nunca deu coa resposta que esperaba,
quizais porque a resposta era anterior a calquera pregunta.
nin foi escoitado nin había ser crido,
certo como estaba de que as verdades eran retórica doutro cantar.
só tivo a conciencia máis absoluta
de que o fracaso era un estado de ánimo
e que abondaba con resistir
unha carta esquecida noutra lingua,
o reverso dun poema de Char escrito en cuartillas de tea.
unha data para un futuro improbábel.
e a certeza de non volver.