Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Antano áureado
Arias Saavedra, Ana

 

Garimosamente adicado ó meu curmán
Rodolfo Cereceda e familia ( arxentinos).
Ano 2005

Lonxe quedan teus menceres,
alborexendo de gloria,
reverberando nos seres,
fuxidíos da cruei inopia,

Rebuligante na terra,
en cernes da súa xente,
nos que vai indo silandeira,
do arelado devir pendente,

              I

De Galicia bela terra,
encaráron-se persoas,
cara moi ignotas angueiras,
sen iren eles ás toas,

Alonxaban cara Arxentina,
deixando ríos e fontes,
as magoadas en rutina,
enceto de veros amores,

Alonxaban eles chorando,
cobizando por voltaren,
ruando ían deixando
cós , ata nó-nos avistaren,

              II

Doces ollos da naiciña,
abeiro do mazmido pai,
no resío da mañanciña,
que silente bagoada vai,

Neses seres que se alonxan,
nos que quedos ollando quedan,
malfadados cós que adoran,
sufrindo o baleiro que deixan,

Na terriña cos viu nacer,
fornecida de lamentos,
testemuñando un padecer,
coas fitas bardas nos labregos,

En Galicia terra amada,
nas palabras en cantigas,
ora verbas aledadas,
ora verbas aflixidas,

Terriña na alma alugada,
manseliña coitadiña,
nas mans e faces sucadas,
resignadas e prosiñas,

                III

Arxentina en idos tempos,
eras ti arrequecemento,
en malpocados labregos,
coa laceira de tormento,

¡Choras, Arxentina choras!,
polo infausto troque dado,
na beladade das auroras,
en brama arrecendando,

Terra ti de gran fartura,
adiñeirada e belida,
mergullada en desventura,
saloucas de moi aflixida,

Nos cernes dos descendentes,
que goriches con cariño,
sendo para eles semente ,
brilo nos esgrevios camiños,
             
                 IV

Voltarán novas luzadas,
áureadas voltarán,
embebendo nas magoadas,
teu fermosísimo amplo chan,

Os menceres de noutrora,
cun Roibén marabilloso,
sandando chagas que agora,
rezuman salaios dorosos,

               V

Te quero de forma vera,
por acolle-la miña xente,
artellando en ti nova era
sendo ti seu referente,

En ti casaron e viviron,
sufriron saudades da terra,
cantándo-lle reviviron,
tepedade de mans tenras,

Pos dos teus pos son agora,
bagaxe en fillos e netos,
o halo da murcha aurora,
moleza en varudos ventos,