Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Alma de velliña
Arias Saavedra, Ana


Onde ficará a  miña vida ,
miña vida pequeniña?
senténdoa lonxe , moi lonxe,
séntoa en min achegadiña!,

Esas routadas inxeles,
a belida sinxeleza?,
aquelas carreiras ás toas,
chimpos de gran varudeza?,

Miña vida pequeniña,
séntoa que vén avantando,
vindo manseliñamente ,
ó meu cós avellentando!,

Vén de moi de paseniño,
no anceio dese ir alugando,
nun recuncho do corazón,
cá velliño vai mudando!,

Sento ledicia , sento pena,
cando sereo ser, debera,
sen que a teimuda nostalxia,
saudades non me trouxera!,

Volto a vezos de meniña,
por alma de velliña eu ter,
solermeira sempre fun , son ,
nese modo hei fenecer!,

Os desenganos mancan máis,
que nos tempos de meniña,
cadora eu de costas ía,
deturpada vida que viña!,

Vivida en doce agarimo,
nese agarimo lembrada,
tempadas na lonxanía,
sen maneiras gabexadas!,

No meu  corazón moi rexas,
cal auga polos regueiros,
das cristaíñas feituras,
de cariños verdadeiros!,

Nembargantes son meniña,
sendo filla , sendo dona e nai,
sentendo no cerne pena,
pola vida que se me vai!,

No seu transo polo corpo,
sen deixar ronsel de dita,
no decurso tan só deixa,
degoiro pola devandita!,

A miña alma de velliña,
sen aínda vella selo,
nese degoxo se sente,
en recondito pesadelo!,

Pasan intres , pasan horas,
os días pasan cos anos,
de vagariño van destecendo,
cerniles lembranzas de antano!,

Recuncando ós feitíos,
feituras de leda meniña,
no case luído corpo,
con alma xa de velliña!,